Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 abril, 2025
A campaña de información sobre boas prácticas na separación de residuos e depósito de lixo que se desenvolverá a pé de rúa comezará o próximo martes, 22 de abril. Esta campaña foi presnetada en días pasados por parte do concelleiro de Sustentabilidade Ambiental e Servizos Básicos, Xesús Domínguez, e o de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, mantiveron a representantes de seis entidades de comerciantes, veciños e de hostalaría da cidade.
Desde este martes 22 de abril, inicialmente durante tres meses, dous profesionais ambientais peitearán as rúas, principalmente da cidade histórica e do Ensanche, para dar a coñecer os horarios e as fórmulas de separación dos residuos. As persoas informadoras farán o labor de control en horario de 19 a 24 horas, de martes a sábado.
Esta campaña, que se impulsa con cargo ao canon de concienciación de Urbaser –concesarionaria do recollida do lixo–, supón a activación dun Servizo de Información e Control para desenvolver un labor de concienciación entre a veciñanza, comerciantes e hostalaría. Estas persoas informadoras tamén poderán apercibir os productores de lixo no caso dunha mala xestión dos residuos. No marco do labor de control, tamén se realizarán informes mensuais e, no caso de puntos negros con reincidencia, despois de tres avisos, se remitirán os informes á Policía.
As accións poderán realizarse en todo o termo municipal, pero estarán centradas na cidade histórica e no Ensanche, posto que é neste ámbito onde hai maior acumulación de produción de lixo e maior existencia de puntos negros de incumprimento reiterado segundo o servizo de recollida e limpeza viaria. O Servizo de Información e Control que nun principio informará aos potenciais infractores e despois do terceiro aviso, informará á Policía Local, que poderá proceder a abrir un procedemento sancionador.
Escrito por Líder Redacción
Campaña Lixo Campaña residuos santiago Santiago de Compostela Urbaser
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)