Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 mayo, 2024
23/05/2024 A Fundación Refuxio de Animais reunirá este venres 24 de maio o seu padroado para analizar e decidir propostas de intervención que determinarán as prioridades de mantemento das instalacións, cos recursos técnicos e humanos necesarios, ademais da posta en marcha dunha campaña para sensibilizar mediante unha publicación sobre tenza responsable e adopción de animais.
Na reunión na que participarán representantes de Touro, Vedra, Dodro, Padrón, Val do Dubra, Brión, Trazo, Teo, Boqueixón e Santiago de Compostela, tamén se dará conta do programa de mantemento anual, do incremento do horario e dos custos do persoal, así como de posibilidades para a captación de recursos económicos cun financiamento solidario entre os concellos que conforman o padroado desta fundación.
En canto ás previsións de actuación, analizaranse as necesidades no edificio principal, coa instalación de gaiolas externas de gateiras, a ampliación de canís e o feche de parcelas, entre outras.
Tamén se informará dos labores de mantemento realizados recentemente en portas, bebedeiros, extractores, instalación eléctrica, limpeza de canlóns e da dotación económica para a adquisición de materiais e traballos de reparación.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)