AD

Actualidad

‘Estrelas no Camiño’: 40 dos mellores chefs de España chegan hoxe a Negreira

today10 junio, 2024

Fondo
share close
AD

Casa Barqueiro, en Negreira, acolle un ano máis o evento gastronómico solidario, Estrelas no Camiño de Santiago, que contará coa participación de máis de 80 Estrelas Michelin, un encontro culinario sen precedentes, onde os mellores chefs de España uniránse para homenaxear a excelencia da despensa galega.

Nesta décima edición os beneficios irán destinados por segunda vez á Asociación Galega Síndrome X Fráxil, “á que expresamente lle agradecemos a súa incrible labor e esforzo social e comprácenos saber que poderemos continuar axudando no seu labor pola investigación e apoio ás familias”.

Como cada ano, e en cada paso, a Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, Pesca de Rías e Galicia Calidade continúan a construir un mellor país xunto coas empresas e a súas inciativas. Estrella Galicia, marca galega cunha longa traxectoria de compromiso coa hostalería e a gastronomía do noso país, como principal empresa colaboradora e tantas outras, axudan co seu esforzo e solidariedade a quen máis o necesita á par que proxectan os nosos productos ao máis alto nivel.

Este ano, como novidade da man de Estrella Galicia, activousedende do 23 ao 26 de maio a iniciativa Bocado Solidario, en colaboración cos establecementos das 5 Asociacións de cociñeiros de Galicia. Para iso, os locais escolleron calquera tapa, prato ou menú e mesmo poideron inventarse novas creacións que se identificarán como Bocado Solidario acompañado con Estrella Galicia Especial. A consumición deste Bocado Solidario conlevou unha doazón en favor da causa apoiada polo evento Estrelas Solidarias no Camiño de Santiago: a Asociación Galega Síndrome X Fráxil.

O evento central de Estrelas no Camiño terá lugar hoxe luns 10 de xuño na Finca Casa Barqueiro en Gonte. Alí está previsto a celebración dunha feira de gastronomía e viño da que desfrutarán tantos os chefs convidados coma o asistentes. Posteriormente terá lugar unha cea, tipo cóctel e de estacións gastronómicas con showcooking na que non faltará a animación e a música.

Entre as estrelas Michelin convidadas a Gonte cabe salientar Martín Berasategui, Eneko Atxa, Helena Arzak, os irmáns Torres, Valerio Carrera, Manuel Costiña, Lucía Freitas, Pepe Vieira, Marcelo Tejedor, Miguel González, Fina Puidevall e sua filla… entre outros moitos cociñeiros de renome nacional e internacional.

As entradas están á venda en www.ataquilla.com. Para os que non poidan asistir pero desexen colaborar a través da mesa cero poden achegar a súa doazón. MESA CERO: ES73 2080 0348 3930 4001 2408. Asociación Galega Sindreome X Fraxil-A. G15662505

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%