AD

Actualidad

«ÉVEIL», da compostelá Cristina Coelho, chega á Fundación Araguaney-Puente de Culturas

today6 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

 

  • Poderanse ver 15 óleos de xogos de luces e sombras, creados cunha vibrante paleta de cores, nos que se fusiona o figurativo e o abstracto
  • A exposición inaugurarase o venres, ás 19:00 horas, e poderase visitar ata o vindeiro 9 de xuño

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025 (Vía Láctea Comunicación).- A galería de arte da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, sita no Hotel Eurostars Araguaney de Santiago, inaugurará o vindeiro venres, 9 de maio, a exposición de arte contemporánea “ÉVEIL”, unha colección de pinturas da artista santiaguesa Cristina Coelho, ás 19:00 horas. A mostra reúne máis de 15 obras da colección “ÉVEIL”, todas elas óleos sobre lenzo que amosan un xogo de luces e sombras no que se fusiona o figurativo e o abstracto.

A idea de “ÉVEIL” naceu da proposta que a artista recibiu para participar nunha exposición nunha galería de Milán, que xiraba en torno ao amor e temas relacionados. Explica que esta colección está baseada en sensacións e cousas que a simple vista poden non ter un significado claro, pero que ao comprender a súa esencia cobran vida. “É unha viaxe visual a través do non dito, das emocións que se atopan na mirada e os silencios que contan historias. Cada obra é un fragmento dunha historia sen palabras, unha invitación a somerxerse no que se pode sentir, e non no que se pode dicir” –sinala–.

A exposición poderase visitar ata o 9 de xuño en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

Sobre a autora

Cristina Coelho (Santiago, 1999) é unha artista galega autodidacta que atopou na pintura a súa forma máis auténtica de expresión. A súa obra nace da intuición e a emoción, guiada polo que sente en cada momento.

As súas pinturas caracterízanse por una paleta de cores vibrante e persoal, onde cada tonalidade ten un propósito e cada pincelada encerra unha historia. Máis que representar unha imaxe concreta, a súa arte busca transmitir sensacións e conectar con quen a observa, invitándoos a descubrir o seu propio significado en cada obra.

​Para a artista, pintar non é só un medio, senón unha necesidade. Ao longo dos anos, o seu traballo evolucionou, pero sempre mantendo a esencia do espontáneo, o sincero e o profundamente persoal.

Cristina Coelho comezou a pintar desde moi pequena, en panos de mesa (servilletas). Desde a primaria, e xa no instituto, sempre destacaba nas clases de plástica. Ademais, encántalle calquera forma de creatividade. A fotografía, por exemplo, é outra das súas paixóns porque tamén lle permite expresarse a súa maneira. Comezou pintando cadros de mulleres negras porque o seu traballo de fin de grao en Dereito trataba sobre o racismo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *