Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 julio, 2024
O portavoz socialista lamenta a “falta de diálogo” do goberno local co sector e co resto de grupos políticos e deixa claro que “terá que habelo”: “o informe debe entenderse só como un punto de partida”
Critica a posición da Xunta do Partido Popular, “buscando escusas de mal pagador para seguir dilatando os prazos” logo de que en outubro do 2022 o presidente Alfonso Rueda comprometérase a abordar esta cuestuón
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2024. Logo de que o goberno local presentase o informe sobre o imposto de estadías turísticas para Santiago, o Grupo Municipal Socialista saíu este venres ao paso celebrando os avances na implantación da taxa turística. Un camiño que, lembrou Gonzalo Muíños, “iniciamos no mandato socialista conseguindo incluso, o compromiso do goberno galego a estudar a proposta”.
Con estas declaracións lembra o portavoz dos socialistas en Raxoi que o propio Alfonso Rueda accedera a abordar a cuestión da taxa turística logo dunha reunión co alcalde Sánchez Bugallo en outubro de 2022. Unha postura que contrasta coa que abandeira agora o responsable de Turismo de Galicia que, a raíz do informe remitido polo Concello, buscou, a ollos dos socialistas, “escusas de mal pagador para seguir dilatando os prazos e dar largas”. Así o asegura Muíños que di “non entender” a posición do partido popular, fóra dunha estratexia que “só busca enredar”.
“Creo que existe un consenso social na necesidade de avanzar cara un turismo sostible” defende Gonzalo Muíños que tamén se amosou molesto porque o bipartito non practicase o diálogo co sector nin cos grupos municipais: “polas declaracións que vemos hoxe dos colectivos implicados, está claro que non houbo diálogo con eles de momento”.
En todo caso, Muíños amósase confiado en que “terá que habelo” e defende que o informe é só “un punto de partida, un paso”.
Axudas á rehabilitación e dinamización cultural
Unha taxa “desde unha perspectiva de cidade” defende Gonzalo Muíños que debe ser o plantexamento que guíe a posta en funcionamento do tributo que busca, explica, que os visitantes contribúan a sufragar os sobrecustos en determinados servicios que provocan nalgúns momentos.
Así, Muíños lembra que a posición dos socialistas a este respecto sempre pasou porque o recadado a través da taxa “repercuta nas veciñas e veciños de Santiago” con dúas liñas principais ás que dirixir o recadado -aínda que non exclusivas-: impulsando axudas á rehabilitación, “promovendo o retorno ao casco histórico” e fomentando actividades de dinamización cultural “que repercutan tamén no propio sector”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)