AD

Actualidad

Éxito da xornada «Merca e Gaña 25»: máis de 2.000 euros en compras nun só día

today6 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2025.- Este luns celebrouse con gran éxito a xornada de compras «Merca e Gaña 25», organizada pola Asociación Comercio Punto Compostela. Os/as gañadores/as das tarxetas prepago —dúas de 500 euros e unha de 1.000 euros— puideron desfrutar dunha intensa sesión de compras nos establecementos pertencentes á asociación, gastando os seus premios nunha soa xornada.

A actividade contou coa presenza de membros da Directiva da Asociación, que acompañaron aos premiados/as ao longo do seu percorrido polos comercios asociados. Foi unha xornada marcada pola ledicia, a participación activa e o apoio ao comercio local.

Con iniciativas como esta, Comercio Punto Compostela segue a reforzar o seu compromiso coa dinamización do pequeno comercio, fomentando a fidelización da clientela e premiando a súa confianza.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *