AD

Actualidad

Exposición ‘Picheleiras: O traxe tradicional nas Terras de Compostela’ da Asociación do Traxe Galego

today10 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • A Asociación do Traxe Galego (ATG) clausura o seu 30º aniversario cunha exposición única que recupera a riqueza e singularidade dos traxes tradicionais composteláns, coñecidos como “traxes de brillantes”. 
  • A mostra poderá visitarse do 11 de decembro ao 7 de xaneiro de 2026, en Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela, planta baixa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2025.- Do 11 de decembro ao 7 de xaneiro, a Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés acollerá a exposición “Picheleiras: O traxe tradicional nas Terras de Compostela”, unha mostra coa que a ATG pretende dar a coñecer estas xoias da indumentaria galega mediante reproducións fidedignas de pezas antigas, representativas de distintas parroquias e aldeas compostelás.

A inauguración terá lugar mañá xoves, 11 de novembro, as 19:00 horas, coa intervención de Consuelo Vázquez, presidenta de la Asociación do Traxe Galego; Marta Abal do Grupo Municipal PSdeG-PSOE, do Concello de Santiago de Compostela, José Antonio Constenla, do Grupo Municipal PP, do Concello de Santiago de Compostela, e Fuencisla Cid, directora de Comunicación del El Corte Inglés en Galicia.

No primeiro tomo da Historia de Galicia, Manuel Murguía, destacaba a diversidade do traxe tradicional galego: ‘A pesar de que se semejan bastante y parecen sujetarse a un tipo común, varían, sin embargo, de unas a otras regiones, no sólo en la hechura, sino también en los colores de los paños’. Esta reflexión serve de punto de partida para a mostra organizada pola Asociación do Traxe Galego (ATG), coa que pecha os actos conmemorativos do seu 30º aniversario unha exposición dedicada a unha tipoloxía única: os traxes de brillantes, propios da comarca de Santiago de Compostela.

Enfoque da exposición

A indumentaria tradicional galega debe estudarse por comarcas, pois cada unha conserva o canon xeral, mais con variacións e particularidades que reflicten formas de vida, historia e xeografía. Santiago de Compostela, pola súa relevancia cultural e relixiosa, foi centro de comercio e artesanía nos séculos XVIII e XIX. Aquí xurdiu o bordado picheleiro, realizado directamente sobre a tea nos obradoiros locais, con cristais de cobre, prata, ouro e azul, convertendo estas pezas en auténticas xoias da tradición.

Características singulares

  • Bordados exclusivos en cristais de cor cobre (Bristol), prata (claro de lúa), ouro e azul.
  • Motivos naturais: follas de loureiro, rosas, galos, paxaros, estrelas, corazóns e trevos.
  • Pezas principais: mandís de veludo, chaquetiñas curtas de corte español, vasquiñas e mantelos.
  • Uso principal: vodas e actos sociais, conservados por valor sentimental e documentados en fotografías e no disfraceo burgués do século XX.

Contexto histórico

Os traxes de brillantes apareceron arredor de 1860 e desapareceron coa decadencia do traxe tradicional na última década do XIX. A súa singularidade fixo que moitos se volvesen a empregar en festas como o Entroido Ullán, nos Coros de bonitos e bonitas, o que permitiu conservar imaxes históricas.

Traxes destacados na mostra:  

  • Traxe do Castiñeiriño – Bordados florales y combinación de abelorios negros, dourados y de cor cobre. Réplica: Alberto Golpe. 
  • Traxe da vila de Santiago – Empregado no ‘disfraceo burgués’ a comezos do século XX. Réplica: Alberto Golpe. 
  • Traxe de Compostela – Mandil con custodias, cáliz e espigas, símbolos relixiosos. Réplica: Alberto Golpe. 
  • Traxe de Marrozos – Mandil en veludo negro con bordados en prata e claro de lúa. Réplica: Aurelio Gianzo. 
  • Traxe de Figueiras – Mandil bordado en claro de lúa con cristais pequenos, empregados nas vodas da década do ano 1880. Réplica: Alberto Golpe. 
  • Traxe dos arredores de Santiago – Inspirado no cadro ‘Salida de misa’ de Dionisio Fierros. Réplica: Alberto Golpe. 
  • Traxe de home Picheleiro – Con alta monteira bordada, chaleco decorado e panos de namorar. Réplica: Alberto Golpe. 
  • Traxe de home de Compostela – Baseado no cadro ‘Romería’ de Fierros. Propiedade de Aurelio Gianzo. 
  • Traxe de Ponteulla (Lestedo) – Confeccionado en 1891 polo mestre xastre Manuel Ríos para unha voda en Lestedo. Réplica: Andrés Collantes. 
  • Traxe de Arca (O Pino) – Mandil con bordados de silvas e trevos en cristais Brístol e claro de lúa. Réplica: Andrés Collantes. 

A exposición poderá visitarse en horario comercial, hasta el 7 de xaneiro de 2026, entrada de balde.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *