AD

Destacado

Falece unha percebeira en Porto do Son ao ser arrastrada por un golpe de mar

today31 marzo, 2026

Fondo
share close
AD

Conseguiron sacala da auga case de inmediato e foi trasladada nunha planeadora ao porto máis próximo, pero xa sen vida.

Faltaban apenas uns minutos das dez desta mañá cando o 112 Galicia recibiu unha chamada de auxilio por unha percebeira que fora arrastrada por un golpe de mar. Estaba a traballar na extracción do molusco entre o Castro de Baroña e o Farito, en Porto do Son.

Por uns instantes, perdérona de vista, pero puideron sacala da auga pouco despois, cuando aínda non houbera tempo suficiente para a mobilización dos recursos de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Nunha planeadora, foi conducida ao porto máis próximo para que recibise asistencia médica. Sen embargo, a muller xa falecera.

Moitos dos recursos activados para o seu rescate foron, finalmente, anulados, xa que nada podía facerse por salvarlle a vida. Con todo, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron a todos os organismos competentes, como Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Policía Local e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *