Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 noviembre, 2024
O xornalista Fernando Franjo vén de publicar Aquí viviu, por aquí pasou, unha obra que nos convida a descubrir a historia menos coñecida de Santiago de Compostela a través das figuras de personaxes ilustres que, en algún momento das súas vidas, estiveron vencellados á cidade.
O libro traza un percorrido polas rúas e prazas compostelás para mergullarnos nas pegadas deixadas por figuras como Ernest Hemingway, Ruth Matilda Anderson, Federico García Lorca, Carlos Maside, Ramón María del Valle-Inclán ou Montero Ríos. Franjo ofrece datos sorprendentes sobre a súa relación coa cidade, moitos deles descoñecidos para a maioría dos cidadáns e visitantes.
Ademais, Aquí viviu, por aquí pasou inclúe unha guía con roteiros polo patrimonio monumental de Santiago, onde destaca a presenza de estatuas, bustos, placas conmemorativas e outros elementos que enriquecen a paisaxe urbana e nos permiten redescubrir a cidade desde outra perspectiva.
O libro é unha invitación a contemplar Compostela dun xeito diferente, tecendo unha rede de historias persoais e monumentos que dan vida ao seu legado cultural.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)