AD

Deportes

Festa do waterpolo alevín e benxamín na piscina municipal de Santa Isabel

today21 enero, 2025

Fondo
share close
AD

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá o campionato de waterpolo que acollerá a piscina de Santa Isabel en categoría alevín o vindeiro sábado 25 de xaneiro.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Luís Ferrer, presidente do Club Waterpolo Santiago; Juan Carlos Brión, presidente da Federación Galega de Natación; Cecilia Cobas, entrenadora responsable das categorías alevín e benxamín; e Xavi Pérez, entrenador do Club Waterpolo Santiago; presentou esta mañá no Pazo de Raxoi o campionato galego benxamín e alevín mixto de inverno que terá lugar este sábado 25 de xaneiro na piscina municipal de Santa Isabel entre as 09.00 e as 20.00 horas.

Nesta competición participarán nenos e nenas de entre 8 e 12 anos, polo que «é unha oportunidade para podermos gozar como espectadores dos partidos dos máis pequenos e pequenas no que para eles e elas será importante ganar, mais o obxectivo debe ser divertirse», salientou a concelleira que animou á veciñanza de Santiago a asistir ao campionato e «apoiar o club da cidade, o Waterpolo Santiago» e «apoiar o gran traballo que se fai coa base que acadan ano tras ano moi bos resultados en todas as súas categorías».

Por primeira vez en Santiago, o campionato desenvolverase nun novo formato máis entretetido no que se contará con dous campos de xogos simultáneos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *