AD

Actualidad

Filtracións na intermodal: UCIN alerta do deterioro prematuro da infraestrutura

today13 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

UCIN Galicia volve poñer o foco nas deficiencias da estación intermodal internacional de Santiago de Compostela, unha infraestrutura recentemente inaugurada pero que xa presenta numerosos problemas de funcionamento. A formación, coordinada por José Luis Calo, leva anos advertindo destas carencias e presentando propostas concretas, pero —segundo denuncian— as administracións continúan sen atender ás súas demandas.

Entre as principais peticións realizadas por UCIN Galicia destacan a revisión urxente das estruturas afectadas por filtracións e inundacións, especialmente nos accesos e andeis; a ampliación dos servizos aos viaxeiros, con máis cafeterías, puntos de información e espazos de espera adecuados; unha mellor planificación do tráfico e da mobilidade interna nos momentos de maior afluencia; e un reforzo na seguridade e mantemento continuo que garanta o correcto funcionamento da estación en condicións adversas.

A formación subliña que a realidade confirma as advertencias feitas: “Con apenas uns meses de uso, a estación xa sofre filtracións, colapsos en horas punta e unha evidente falta de servizos básicos”, lamentan. Desde UCIN Galicia cualifican a situación de “exemplo de defectos construtivos e mala xestión”.

Mentres tanto, critican que os responsables políticos se limiten “a fotos e actos simbólicos”, sen asumir responsabilidades nin poñer en marcha solucións reais para unha infraestrutura que debería ser un orgullo para a cidade e non un foco constante de críticas.

UCIN Galicia anuncia que continuará esixindo responsabilidades concretas e reclama que as administracións deixen de priorizar a súa imaxe para comezar a atender “os problemas reais que afectan ao conxunto da cidadanía, que merece servizos públicos eficientes, seguros e modernos”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *