AD

Actualidad

Foliada para conmemorar o 25 aniversario da asociación Dano Cerebral Santiago

today4 julio, 2025

Fondo
share close
AD

 

Este sábado, 5 de xullo, a asociación Dano Cerebral Santiago celebrará unha foliada no campo da Festa do Castiñeiriño (detrás do antigo colexio Ramón Cabanillas) e que será o inicio da celebración do seu 25 aniversario. A entidade, que naceu como Sarela, cumprirá o 19 de decembro 25 anos desde a súa fundación para a atención das persoas e familias con DCA.

As actividades comezarán ás 12:00 horas cos xogos para nenos e nenas e persoas adultas grazas á  colaboraciónión da Asociaicón Xogos Tradicionais de Compostela. Ao mesmo tempo, e ata a hora do xantar actuarán as formacións da Agrupación Folclórica de Brión e da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Boqueixón.

xantar, para o que se pechou a inscrición, comezará ás 14:00 horas e será servido pola Polbeira Porta e constará de entrantes e empanada, polbo, churrasco mixto con patacas e ensalada, sobremesa con «larpeira», bebidas (viño, auga e refrescos), café e chopo. Para as persoas con problemas de deglutición darase a posibilidade de adaptar a alimentación.

Na festa tamén funcionará a tenda solidaria da entidade grazas á colaboración de Queixería Pazo Anzuxao, Queixería Barral, Adegas Gran Bazán e Tartas La Abuela.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *