AD

Actualidad

Frades destina máis de 33.000 euros en axudas ás entidades sen ánimo de lucro do municipio

today20 junio, 2024

Background
share close
AD

O Concello de Frades vén de convocar as axudas económicas a entidades culturais, clubs deportivas, asociacións de veciños e calquera outra entidade de interese social que fomente a participación cidadá na vida municipal (Anpa, Asociación de Mulleres Rurais, grupos folclóricos…). Unhas axudas ás que destinará un total de 33.450 euros e que poden solicitarse durante o prazo dun mes, a contar dende o mércores 19 de xuño.

O alcalde, Roberto Rey, explica que “os criterios que se aplicarán para a concesión das axudas serán o número de persoas beneficiarias, a calidade da programación levada a cabo e a necesidade do investimento ou obra a realizar”. As solicitudes deberán presentarse no prazo de 30 días naturais preferentemente a través da sede electrónica municipal, sendo tamén válido o Rexistro Xeral Municipal e calquera outro medio previsto pola lexislación.

Gastos subvencionables

Poderán acceder a estas axudas todas as asociacións legalmente constituídas e con personalidade xurídica no municipio, así como as agrupacións de persoas físicas e xurídicas sen personalidade xurídica constituídas para a consecución dos fins subvencionables. En ambos os dous casos as entidades deberán carecer de fins de lucro, desenvolverán as súas actividades no termo municipal, estar inscritas no Rexistro de Entidades do Concello de Frades, non ter pendente de xustificar ningunha subvención e atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias co Concello.

Serán gastos subvencionables os derivados das actividades realizadas (transporte, contratación de persoal, material…), obras e melloras en bens inmobles, ata o 40% dos traballos realizados por persoal voluntario non remunerado pertencente á asociación e os gastos de funcionamento vencellados directamente coa realización dunha actividade (neste caso ata un máximo dun 10%). Non serán subvencionables os gastos de manutención e os gastos xerais non vencellados á realización da actividade.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%