AD

Axudas

24 Resultados / Página 1 de 3

Fondo
AD

Comarca

Ames aproba a concesión de 80.000 euros entre 23 clubs e asociacións deportivas

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 20 de agosto a concesión de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por clubs e asociacións deportivas de Ames no exercicio 2025. O importe das subvencións que se van a conceder ascende a 80.000 euros Un total de 23 entidades beneficiaranse destas subvencións municipais, que buscan achegar a práctica deportiva ao maior número de veciños/as posible, así como promover unha vida deportiva estable dentro do concello. As entidades beneficiarias […]

today25 agosto, 2026

Comarca

Arzúa convoca axudas para a celebración de festas parroquiais no municipio

Arzúa, 14 de agosto de 2026. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que o Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro para a celebración das festas parroquiais que ascenden a 18.900 euros. O importe de cada subvención será de 900 euros por anualidade e parroquia. Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello […]

today14 agosto, 2026

Comarca

Rianxo abre unha liña de axudas de 10.000 € para impulsar novas empresas e comercios

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) publica este xoves a convocatoria das novas subvencións promovidas polo Concello de Rianxo co obxectivo de favorecer a creación de empresas e comercios no municipio durante o ano 2026. A iniciativa conta cunha dotación económica de 10.000 euros e está dirixida ás persoas emprendedoras que elixan Rianxo para iniciar a súa actividade empresarial. A convocatoria busca apoiar os primeiros pasos dos novos negocios, contribuíndo a dinamizar o tecido económico local e a […]

today6 agosto, 2026

Actualidad

Santiago abre o prazo de solicitude das bolsas de comedor escolar, material e extraescolares

O prazo para solicitar as bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares estará aberto desde mañá 1 de xullo ata o 14 de xullo, unha vez publicada hoxe a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O Concello de Santiago destina a estas axudas 1.150.000 euros, 50.000 euros máis que no curso pasado. Tal e como explica a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, “o oxbectivo é seguir reforzando unhas bolsas que son unha das principais ferramentas das […]

today30 junio, 2026

Comarca

Ames aproba o plan estratéxico de subvencións 2026-2027

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a adhesión á rede de entidades locais gandeiro cárnicas dependentes da FEMP e mailo convenio de colaboración para presentar de xeito agrupado con Brión unha solicitude de subvención para realizar un proxecto común para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas aditivas. Tamén se aprobou por maioría absoluta o plan estratéxico de subvencións 2026-2027 Ademais aprobáronse dúas mocións do BNG para a recuperación e sinalización do trazado histórico alternativo do camiño de Santiago […]

today31 enero, 2026

Actualidad

As axudas municipais impulsan novos negocios e reabren baixos comerciais en Rianxo

O Concello de Rianxo vén de resolver a primeira convocatoria da liña municipal de axudas destinada a apoiar a actividade comercial e a posta en marcha de novos negocios no municipio, unha iniciativa que no que vai de 2025 mobiliza un total de 20.000 euros. Por unha banda, mantense aberta unha convocatoria de 10.000 euros dirixida ás asociacións empresariais, co obxectivo de dinamizar o comercio local a través de accións colectivas que reforcen o tecido económico da vila. Trátase da […]

today21 diciembre, 2025

Comarca

Boqueixón convoca axudas para grupos de música tradicional do municipio

Boqueixón, 12 de setembro de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de convocar o programa “Ponlle música 2025”, unha iniciativa dirixida a entidades e grupos de música tradicional no municipio e que ten como obxectivo contribuír á difusión e á promoción da música e do folclore local en Boqueixón durante o ano 2025. Unha iniciativa para a que o Concello destina 4.500 euros. Os grupos e entidades musicais de Boqueixón poderán solicitar axudas para financiar actuacións de música e/ou baile […]

today12 septiembre, 2025

Comarca

21 deportistas de Ames reciben axudas municipais por valor de 10.000 euros

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “o que queremos é, primeiro, recoñecer o traballo e sacrificio que facedes os deportistas, porque sabemos que é un sacrificio importante pola vosa parte pero tamén o sacrificio que facedes as familias a todos os niveis, cos desprazamentos ou compra de material deportivo. Non se trata dunha gran axuda económica, pero queremos que vos axude a financiar os gastos que tedes en viaxes, material deportivo, etc” A concelleira de Deporte, Susana Señorís, […]

today10 septiembre, 2025

Comarca

O Pino abre unha nova convocatoria de axudas a estudantes universitarios e de ciclos de grao superior

As achegas, de 300 euros, destínanse a financiar gastos de material, residencia ou matrícula O prazo pecharase o 15 de outubro de 2025            O Pino. 26-8-2025.- O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe 26 de agosto de 2025 as bases reguladoras das axudas do Concello do Pino dirixidas a estudantes universitarios ou que cursen ciclos formativos de grao superior no curso académico 2025/2026. As axudas teñen como finalidade financiar gastos correntes de material, residencia […]

today26 agosto, 2025

AD