AD

Comarca

Gaña dous millóns de euros en Silleda xogando á Bonoloto

today27 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

Dous boletos —un validado en Silleda e outro a través de internet— resultaron premiados no sorteo da Bonoloto celebrado na noite do xoves, repartindo máis de dous millóns de euros para cada un. Segundo informou Loterías y Apuestas del Estado, foron os únicos acertantes de primeira categoría (seis números). O boleto selado en Silleda foi validado na Administración de Loterías número 1, situada na rúa Progreso, o segundo foi por internet.

Cada un dos acertantes percibirá un total de 2.017.318,30 euros. No caso do boleto semanal vendido en Silleda, o seu propietario deberá agardar ata o luns para poder cobrar o premio, xa que continúa participando nos seguintes sorteos.

A combinación gañadora estivo formada polos números 4, 11, 19, 23, 26 e 41. O número complementario foi o 35 e o reintegro, o 2. A recadación do sorteo superou os 3,1 millóns de euros.

En segunda categoría (cinco acertos máis o complementario) rexistráronse cinco boletos premiados, con máis de 38.000 euros cada un, validados en distintas administracións do Estado, entre elas un despacho receptor na provincia da Coruña.

A Bonoloto continúa así repartindo premios en diferentes puntos do territorio, mantendo unha actividade constante ao longo do ano máis alá dos grandes sorteos extraordinarios.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *