AD

Actualidad

GDR Terras de Compostela promociona os mercados locais cun showcooking na Feira da Terra de Teo

today23 junio, 2025

Fondo
share close
AD

Numeroso público degustou os petiscos elaborados polo chef José Manuel Mallón

Teo. 22-6-2025.- Promocionar os produtos de proximidade e de temporada así como os mercados locais foi o obxectivo do showcooking que o GDR Terras de Compostela levou hoxe, domingo 22 de xuño, á Feira da Terra de Teo.

Nun mediodía de sol espléndido, numeroso público tivo a oportunidade de aprender trucos de cociña e novas receitas da man co chef José Manuel Mallón, ademais de degustar os saborosos petiscos que elaborou.

As persoas asistentes chuparon os dedos cun menú no que non faltaron produtos tan de noso como as hortalizas frescas ou os pementos de Herbón, que están en plena temporada.

O menú contou con tres platos e unha sobremesa:

1️⃣. Seak tartar de Ternera Gallega sobre tosta de herbas frescas
2️⃣. Empanada de pementos de Herbón con cebola caramelizada e San Simón da Costa
3️⃣. Brioche de Ternera Gallega, picada de verduras frescas e cebola encurtida
4️⃣. Mousse de Cebreiro con mel de Galicia e terra de Tarta de Santiago

O GDR Terras de Compostela quere agradecerlle ao Concello de Teo a oportunidade de volver colaborar nesta Feira da Terra, chea de sabor local e na que non faltaron os postos de alimentación con produtos das nosas hortas, a artesanía, as actuacións dos grupos de gaitas, de pandeiretas e de baile ou os xogos tradicionais.

Lembramos que o Grupo de Desenvolvemento Rural é a entidade xestora do xeodestino Terras de Santiago, que inclúe once concellos da área compostelá: Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba,Teo, Val do Dubra e Vedra.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *