AD

Actualidad

Genma Otero foi nomeada xerente de Augas de Ames polo Consello de Administración

today25 junio, 2024

Fondo
share close
AD

Otero comezará a exercer como xerente da empresa pública a partir do día 1 de xullo

O nomeamento da xerente sae adiante cos votos favorables dos representantes do grupo de Goberno, traballadores e veciñanza

Genma Otero foi a única persoa que cumpriu con todos os requisitos establecidos nas bases aprobadas por unanimidade polo Consello de Administración

Alcalde de Ames, Blas García: “Hoxe damos un paso moi importante para facer que Augas de Ames traballe a pleno rendemento. Esto foi posible grazas á responsabilidade da veciñanza e dos traballadores e traballadoras”

Ames, 25 de xuño de 2024.- Hoxe, martes 25 de xuño, o Consello de Administración da EPEL de Ames aprobou o nomeamento da xerente de dita entidade. A votación foi de 6 votos a favor e 6 votos en contra, polo que decidiu o voto de calidade do alcalde que foi a favor. O nomeamento da xerente sae adiante cos votos favorables dos representantes do grupo de Goberno, traballadores e veciñanza. Deste xeito, Genma Otero Uhía é a persoa designada como xerente da EPEL de Ames, tralo proceso selectivo que se realizou. Comezará a exercer como xerente a partir do 1 de xullo. O nomeamento da xerente é crucial para o normal funcionamento da empresa municipal de augas de Ames.

Neste senso pronunciouse o presidente da EPEL, Blas García, que cualificou de “crucial” este paso para que Augas de Ames funcione con normalidade. Tamén agradeceu a “responsabilidade da veciñanza e dos traballadores e traballadoras”, pois os seus votos, xunto cos do grupo de Goberno fixeron posible que Augas de Ames bote a andar. García tamén criticou a falta de coherencia dos grupos da oposición, que votaron a favor das bases por unanimidade e intentaron impedir o nomeamento da xerente unha vez coñecido o nome por “animadversión cara a persoa escollida ou por sacar beneficio político a calquera prezo. Ambos motivos son poñer o interese particular por enriba do beneficio da veciñanza de Ames”.

O Consello de Administración da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames aprobouesta mañá o nomeamento da xerente de dita entidade. A persoa designada para este cargo terá unha dedicación exclusiva. A votación foi de 6 votos a favor e 6 votos en contra, polo que decidiu o voto de calidade do alcalde que foi a favor. O nomeamento da xerente sae adiante cos votos favorables dos representantes do grupo socialista (Blas García, Susana Señorís, Víctor Fernández e Gustavo Nieto), do representante dos traballadores da empresa e do representante das asociacións veciñais.

Por outra banda, votaron en contra os tres concelleiros/as do grupo municipal do Partido Popular (Oliva Agra, Pablo Beiroa e José Ramón Oulego), os dous/dúas edís do grupo municipal BNG (Natividade González e Alexandre Espinosa), e maila concelleira do grupo municipal de Espazo Común (Luísa Feijóo).

Deste xeito, Genma Otero Uhía, única persoa que cumpre os requisitos expostos nas bases que o Consello de Administración (con representación veciñal, dos traballadores e traballadores e grupos políticos) aprobou por unanimidade o pasado 5 de marzo, é a persoa designada como xerente da EPEL de Ames, tralo proceso selectivo que se realizou. Comezará a exercer como xerente a partir do 1 de xullo. O nomeamento da xerente é crucial para o normal funcionamento da empresa municipal de augas de Ames.

O alcalde de Ames, Blas García destaca “hoxe damos un paso moi importante para facer que Augas de Ames traballe a pleno rendemento. Esto foi posible grazas á responsabilidade da veciñanza e dos traballadores e traballadoras da empresa”.

Instalacións do persoal de obra

Ademais, nos vindeiros días o persoal de obra do EPEL de Ames pasará a empregar as instalacións dunha nave situada en Guimaráns, en Bugallido, e comezarán a empregar a roupa de traballo coa nova imaxe corporativa da empresa pública empresarial Augas de Ames. Proximamente, a nova imaxe de Augas de Ames será rotulada nos vehículos. Tamén servirá para as cintas de baliza e outros elementos similares. A nova imaxe corporativa tamén será trasladada á paxina web, oficinas e aos espazos onde estea a EPEL de Augas de Ames.

A EPEL Augas de Ames dispón dunha páxina web na que se recolle a información relativa ao proxecto e ao funcionamento da propia empresa. O principal obxectivo de dita entidade é facer unha mellor xestión, unha xestión máis positiva para a veciñanza, ao pasar a estar xestionada directamente polo Concello.

Oficinas da EPEL Augas de Ames

As oficinas de persoal administrativo da EPEL de Ames están situadas na rúa Agrelo, número 7, en Bertamiráns, e na rúa Viorneira, número 6, no Milladoiro. O horario de atención ao público en ambas as dúas oficinas é de 8.30 a 14.30 horas, do 15 xuño ata o 15 de setembro. O número de teléfono para atender posibles urxencias é o 673 830 393.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%