AD

Actualidad

Gonzalo Muíños: “Nós só apoiaríamos unha moción de censura con Mercedes Rosón de candidata»

today8 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2025. O grupo de concelleiros non adscritos no Concello de Santiago reitera a súa negativa a participar en calquera debate sobre unha posible moción de censura ao goberno local. Gonzalo Muíños, en representación das catro edís, cualificou este mércores de “incomprensible” o “esforzo estéril dalgunhas persoas por insuflar un debate que está superado desde hai tempo” e no que, asegurou, nin el nin as súas compañeiras “quixemos participar nunca”.

“Nin nos sentimos interpelados nin cremos que sexa un debate que interese ás nosas veciñas e veciños, que o que queren é que traballemos para mellorar os servizos públicos, impulsar proxectos importantes e facer unha oposición esixente, pero útil e construtiva”, sinalou Muíños.

O edil insistiu en que os catro concelleiros manteñen a coherencia co seu compromiso electoral: “Temos un contrato asinado coas persoas que nos votaron, e ese contrato é o noso programa electoral, que está nas antípodas do programa do señor Verea”. Por iso, aclarou, “nós só apoiaríamos unha moción de censura na que a nosa compañeira Mercedes Rosón fora a candidata”, á que cualificou como “a única candidata alternativa posible” ao actual executivo.

Aínda que recoñecen que o goberno de Goretti Sanmartín “peca de soberbia vista a deficiente xestión” destes dous anos de mandato, as non adscritas deixan claro que non entrarán en “debates de sillóns”. “Queremos falar de vivenda, de servizos públicos e de investimentos nos nosos barrios e parroquias; eses son os únicos debates que nos interesan”, concluíu Muíños.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *