Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 noviembre, 2024
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024.- O Grupo Municipal Socialista presiona novamente ao executivo de Goreti Sanmartín para o cumprimento dos acordos comprome6dos. Desta volta, o seu portavoz, Gonzalo Muíños, reclamou publicamente a celebración dunha nova edición do Multixogo Nadal, un dos acordos alcanzados entre ambas formacións para a viabilización do reparto de remanentes de tesourería o pasado mes de xullo.
“Moitas familias de Compostela estanse a preguntar xa e, así nolo trasladan, se este ano haberá unha nova edición do Multixogo” asegura Muíños que lle lembra a alcaldesa, non só o compromiso alcanzado, senón tamén que conta con crédito suficiente para facelo: “os acordos están para cumprilos e teñen fondos, porque contaron cos nosos votos para habilitalos e así financiar esta actividade”.
Muíños, que se amosa moi crítico pola decisión de Sanmar9n de prescindir desta actividade no Nadal do 2023, destaca o éxito da mesma no ano anterior -2022-, cando el aínda era responsable de Festas no goberno de Sánchez Bugallo. Segundo cifras oficiais, durante o tempo no que estivo aberto o Multiusos reconvertido nun parque de atraccións de 3.500 metros cadrados pasaron polas instalacións máis de 15.000.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)