Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 noviembre, 2025
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou que enviará unha carta ao alcalde de Nova York, Zohran Mamdani, convidándoo a visitar a capital galega. A rexedora explicou que este convite nace da vontade de compartir experiencias entre gobernos “que traballan polas maiorías sociais e por un mundo máis xusto e igualitario”.
Sanmartín subliñou que quen defende políticas transformadoras “enfróntase a poderes que tentan boicotear, insultar e afogar” os seus proxectos, polo que considera “importante establecer pontes de diálogo” con outras administracións que comparten esa visión progresista.
“Sería bo que puidésemos falar, que soubese desde o primeiro momento a que se enfronta, e que intercambiemos ideas, soños e proxectos que podemos desenvolver en cada cidade”, afirmou a alcaldesa.
A mandataria compostelá engadiu cun toque de humor que “é un bo momento para facelo, porque agora hai voo directo a Nova York”, en referencia á nova conexión aérea desde Galicia coa cidade estadounidense.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)