AD

Actualidad

Gran asistencia de público á recreación da histórica Batalla de Ponte Ledesma

today5 agosto, 2024

Background
share close
AD

Boqueixón, 5 de agosto de 2024.- O campo do río de Ponte Ledesma acolleu na tarde de onte domingo a recreación da histórica “Batalla de Ponte Ledesma”, organizada polo Concello de Boqueixón. Un evento que recrea o enfrontamento que tivo lugar nese mesmo lugar nos primeiros días marzo de 1809 entre a veciñanza da zona, liderada pola Xunta de Trasdeza, e as tropas napoleónicas.

Como vén sendo habitual, a recreación estivo dirixida polo actor Suso Martínez e o músico Manoele de Felisa, que explicaron ao público presente os detalles deste feito histórico, no que participaron veciños e veciñas de Boqueixón e os “franceses” da asociación cultural Heroes do Casal do Eirixo (Valga).

Un enfrontamento no que, segundo contan as crónicas da época, só quedaron na casa as crianzas, os vellos e as persoas enfermas, xa que toda a veciñanza xuntouse para loitar. Non tiñan canóns nin pistolas, polo que portaron ferramentas que sabían utilizar moi ben: sachos, fouces, gadañas, paus, pedras… “E xuntos conseguiron o imposible: dobregar ao exército máis poderoso do planeta, que non tivo outra saída que retirarse destas terras”, explicou Ovidio Rodeiro, alcalde de Boqueixón.

Rodeiro Tato agradeceu a colaboración da Consellería de Cultura na organización desta iniciativa, así como da asociación cultural Heroes do Casal do Eirixo, Suso Martínez, Manoele de Felisa e, sobre todo, dos veciños e veciñas de Ponte Ledesma. “Este evento  histórico é a demostración de que cando todos actuamos unidos, xuntos e cunha única voz, pódese conseguir o que parece imposible”, apunto o alcalde.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%