AD

boqueixon

82 Resultados / Página 1 de 10

Fondo
AD

Comarca

200 mozos da Ruta Quetzal chegan a Boqueixón

Ademais de visitar o monte Ilicino, onde algúns mesmo compartiron a experiencia de durmir neste lendario lugar, fixeron parada na queixería Bo Queixo e hoxe visitaron a fábrica de Tartas Lestedo antes de afrontar a derradeira etapa do Camiño de Inverno cara Compostela Boqueixón, 10 de xullo de 2026.- Boqueixón recibiu onte xoves e hoxe venres aos 200 participantes da Ruta Quetzal 2026, unha das expedicións xuvenís de carácter educativo e cultural máis recoñecidas de España que este ano percorre […]

today10 julio, 2026

Comarca

O mes de xullo pecha cunha noite poético-musical no entorno do Pico Sacro

O acto terá lugar o vindeiro xoves día 30 na ladeira da montaña de 20 a 22 horas O Concello de Boqueixón ofrece unha noite poético-musical no entorno do Pico Sacro, un faro natural que bica o ceo a 530 metros de altura neste municipio. O recital en cuestión terá lugar o vindeiro xoves día 30 como peche deste segundo mes de verán e acollerá na ladeira da montaña unha mistura única de poesía, música e pintura. O acto dará […]

today10 julio, 2026

Comarca

Boqueixón pon en marcha os “Tardeos no Pico Sacro”: gastronomía, cultura e turismo

A Food-Truck dará servizo de venres a domingo (festivos e vésperas de festivos incluídos) mentres que as visitas guiadas terán lugar de mércores a domingo Boqueixón, 9 de xullo de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron esta mañá os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través […]

today9 julio, 2026

Comarca

Convenio de colaboración entre Boqueixón e Touro para o abastecemento de auga potable

Boqueixón achegará 173 m3 diarios para regular o subministro de auga a 626 veciños e veciñas de catro parroquias de Touro O Concello de Touro aforrará máis de 4.000 euros diarios grazas a este convenio de colaboración Boqueixón, 8 de xullo de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e o alcalde de Touro, Jesús José Reboredo González, veñen de asinar un convenio de colaboración para garantir o abastecemento de auga potable de Boqueixón a Touro. Un convenio que […]

today8 julio, 2026

Comarca

Boqueixón impulsa os “Tardeos no Pico Sacro” para potenciar o turismo e os produtos locais

O alcalde de Boqueixón e o chef lalinense Álex Iglesias presentarán esta iniciativa nun “Almorzo saudable” coa rapazada do Verán Activo Boqueixón, 29 de xuño de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentarán mañá martes 30 de xuño a iniciativa “Tardeos no Pico Sacro”. Unha presentación que terá lugar no aparcamento do Monte Ilicino ás 11:30 horas e no que tamén estarán presentes uns corenta nenos e nenas do programa de conciliación Verán Activo, […]

today29 junio, 2026

Comarca

O Pico Sacro acollerá este domingo a Cerimonia do Lume Sagrado

As persoas que desexen unirse ao séquito da Asociación Cultural O Castro da Fervenza poden solicitar un traxe no Departamento de Formación, Emprego e Turismo de Boqueixón antes deste venres O Pico Sacro de Boqueixón acollerá este domingo 21 de xuño, ás 13:00 horas, a tradicional Cerimonia do Lume Sagrado. Trátase dunha celebración de orixe celta baseada na historia da raíña Alda e que recuperará de forma simbólica a tradición dos nosos devanceiros de obter o “lume sagrado” directamente do […]

today17 junio, 2026

Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

María Martínez e Ovidio rodeiro asinan o convenio para mellorar os itinerarios peonís en Lestedo, que ascende a máis de 460.000 € Boqueixón, 6 de maio de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, María Martínez Allegue, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para mellorar os itinerarios peonís en Lestedo, que contempla un investimento total de máis de 460.000 euros. Unha actuación que se desenvolverá ao abeiro do Plan Hurbe da […]

today6 mayo, 2026

Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Boqueixón, 27 de abril de 2026.- O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; e o presidente da Asociación das Carrozas do San Cidre, Alejandro Pena; presentaron hoxe a programación da 52 edición da Festa das Carrozas do San Cidre, a primeira que se desenvolverá baixo a distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia e cuxo día grande terá lugar o domingo 17 de maio. Un acto no que estiveron acompañados por Juan Neira, representante da Comisión de Festas; Mónica López, […]

today27 abril, 2026

Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Os planos xa están expostos no local social de Lamas e poderán consultarse a partir do luns 13 de abril Boqueixón, 10 de abril de 2026.- Máis de 200 veciños e veciñas de Boqueixón ateigaron o centro social de Lamas para asistiren a unha reunión informativa sobre o procedemento de investigación da propiedade na parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo. Un paso adiante neste proceso de reestruturación parcelaria que está a reorganizar unha superficie de 1.957 hectáreas, divididas en […]

today10 abril, 2026

AD