Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 junio, 2025
O pasado sábado 14 de xuño, a cidade de Vigo acolleu os campionatos galegos de atletismo ao aire libre sub10 e sub12, unha proba na que o Club de Atletismo Millaraio tivo representantes en varias das categorías disputadas
En ámbalas dúas competicións, o club amesán acadou grandes resultados, destacando o segundo posto acadado polo equipo masculino sub10
Ademais dos logros acadados a nivel autonómico, os atletas máster do Millaraio, Puri Cariñena e David López, disputarán esta fin de semana unha nova proba do Campionato de España Máster
Ames, 20 de xuño de 2025.- O pasado sábado 14 de xuño, a cidade de Vigo acolleu os campionatos galegos de atletismo ao aire libre sub10 e sub12, unha proba na que o Club de Atletismo Millaraio tivo representantes en varias das categorías disputadas. Deste xeito, en ámbalas dúas competicións, o club amesán acadou grandes resultados, destacando o segundo posto acadado polo equipo masculino sub10.
A pasada fin de semana do 14 de xuño, as pistas de atletismo de Balaídos, na cidade de Vigo, acolleron os campionatos galegos de atletismo ao aire libre de sub10 e sub12. Nesta proba, o Millaraio acudiu con varios atletas representantes: 11 na sub12 feminina e 7 en sub10 masculina.
XII Campionato Xunta de Galicia Sub12 AL
Pola mañá foi a quenda do equipo feminino sub12, unha expedición formada por 11 atletas: Lía, que competiu en altura; Olaia, participando nos 2000m marcha; Erin, competindo en pelota; Celia, correndo nos 1000m; Vera, competindo nos 500m; Emma V., que correu nos 60m; Marta, competindo en lonxitude; Sara, que acadou a medalla de prata en peso; e Sabela, Emma R. e Xiana, que xunto con Celia competiron no 4x60m.
XII Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub10
Xa na xornada de tarde, foi a quenda para o equipo masculino sub10 que rematou na segunda posición na clasificación xeral da competición, empatado a puntos co equipo que acadou o primeiro posto.
A expedición estivo formada por 7 atletas: Mateo L., que competiu en lonxitude; Raúl, que acadou a medalla de prata en peso; Lois, correndo nos 50m; Manuel, participando en pelota; Mateo V., que acadou a medalla de ouro nos 500m; conseguindo a medalla de prata nos 1000m, Samuel; e tamén conseguindo o segundo posto, desta vez en altura, Pedro. Na proba de 4×50, o relevo formado por Mateo, Samuel, Raúl e Pedro acadaron a medalla de ouro.
Campionato de España Máster
Ademais dos logros acadados a nivel autonómico, os atletas máster do Millaraio, Puri Cariñena e David López, disputarán esta fin de semana unha nova proba do Campionato de España Máster. A cita, desta volta, terá lugar en La Lucía, Alicante. Pola súa banda, David competirá nas probas de salto de altura e 100m valados, mentres que Puri disputará os 100, 300m e 400m valados e, competindo coas atletas do Club Atletismo Sada, os relevos 4×100 e 4×400.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)