Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Na noite do sábado ao domingo, as instalacións municipais do Campo do Coto sufriron importantes desperfectos debido a actos vandálicos. Unha ou varias persoas romperon fiestras, mobiliario e redes, taponaron tuberías e deixaron as billas abertas, provocando serios danos nas instalacións. Estes feitos, que xa foron denunciados ante a Garda Civil, están a ser investigados polas autoridades competentes. A día de hoxe, descoñécese a autoría e a motivación deste acto.
Os desperfectos causados suporán un custo considerable para as arcas municipais e, o que é máis grave, afectarán aos usuarios das instalacións, como as Escolas Deportivas. Ademais, esta situación deteriora a imaxe do Concello, como sucedeu este domingo pola mañá, cando a Selección Galega Masculina de Rugby U18 chegou para realizar un adestramento programado e atopou as instalacións danadas.
A Concello de Vedra lamenta profundamente este acto, que non só xera un impacto económico, senón que tamén prexudica o desenvolvemento das actividades deportivas e a vida social da veciñanza.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)