AD

Actualidad

Guinarte reclama o fin da caducidade da concesión da auga e critica a falta de inversións urxentes

today2 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

Gumersindo Guinarte alerta de que o informe da Cátedra da auga confirma a urxencia de acometer fortes inversións na rede e reclama que se poña fin á caducidade da concesión actual, tras anos sen avances nin decisións sobre o modelo de xestión.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2025. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, advertiu hoxe da “urxencia” de acometer as inversións necesarias na rede de abastecemento de auga de Santiago e reclamou que o goberno local tome decisións canto antes para poñer fin á situación de caducidade da concesión actual, que se prolonga “dende hai tantísimos anos”.

Tras a reunión da Comisión da auga, Guinarte explicou que se tratou dun encontro “puramente informativo” no que o grupo de traballo da Cátedra da auga da Universidade da Coruña presentou o informe elaborado a petición do Concello. Segundo o voceiro socialista, o documento confirma a falta de actuacións nas infraestruturas básicas do ciclo integral da auga.

“Basicamente, o informe aborda tres aspectos desta necesidade. Por unha parte, o que ten que ver coas infraestruturas, aí o informe constata as necesidades que son bastante urxentes ou urxentes de inversións, porque hai inversións necesarias na rede, hai inversións necesarias en depósitos importantes e hai que renovar a ETAP, que está obsoleta”, sinalou.

Guinarte subliñou que o documento cifra en cantidades moi importantes o investimento preciso para modernizar o sistema, que afecta a zonas clave como “o casco vello, o campus, o polígono do Tambre e o rural”. A este respecto, o portavoz socialista lamentou que, malia a gravidade da situación, “o Concello siga sen adoptar medidas nin definir un modelo de xestión que permita iniciar estas obras no curto prazo”.

“O importante é ir a unha renovación da actual concesión, que leva tantísimos anos caducada, unha renovación que permita, que posibilite, que facilite no máis curto prazo posible a realización das inversións que son necesarias para manter unha rede en óptimas condicións de funcionamento e, por tanto, un subministro axeitado para a cidadanía”, afirmou.

En relación co modelo de xestión, Guinarte destacou que o informe “non propón un sistema ideal” e só apunta á posibilidade dunha sociedade mixta “porque di que permite equilibrios e mellora o control directo do servizo”. Porén, advertiu que o documento “non profundiza” nesta opción e que será necesario un estudo máis detallado antes de adoptar unha decisión.

Guinarte explicou que o modelo de xestión “é algo que necesitamos estudar máis a fondo”, xa que o informe “apunta” á posibilidade dunha sociedade mixta pero “non profundiza en ningunha das posibles solucións, nin sequera na que se inclina”. Engadiu que, antes de tomar unha decisión, “serán precisos máis informes, máis detallados, que permitan coñecer polo miúdo as cuestións económicas que o contrato ou o modelo de sociedade mixta supoña e poder tomar unha decisión perfectamente informada”, concluíu.

As s os socialistas consideran que o informe da Cátedra “confirma o que o grupo socialista leva tempo advertindo”, que o sistema de abastecemento de Santiago precisa unha renovación inmediata e unha planificación rigorosa, “non máis dilacións nin debates sen consecuencias”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *