Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 octubre, 2025
23-10-2025.- O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia celebrará mañá, venres 24 de outubro, un acto de homenaxe a Xesús Díaz Díaz (Suso Díaz), un dos fundadores da organización e secretario xeral entre os anos 1992 e 2000. Confirmaron a súa presenza máis de 400 persoas, entre familiares, amizades e representantes de distintas institucións.
O acto terá lugar no Gran Hotel Los Abetos, en Santiago de Compostela, a partir das 11:00 horas. Antes, ás 10:30, a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Amelia Pérez, e o secretario xeral confederal, Unai Sordo, realizarán declaracións aos medios de comunicación.
Estrutura do acto
A homenaxe será conducida pola xornalista Fernanda Tabarés e abrirase coa benvida do presidente da Fundación 10 de Marzo, Xesús Castro, acompañado por Víctor Santidrián Arias en representación do padroado da entidade. Durante o evento proxectaranse varios vídeos sobre a figura de Suso Díaz e intervencións gravadas de destacadas personalidades, como os ex presidentes da Xunta de Galicia Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño.
Tamén participarán no acto a primeira tenente de alcaldesa de Santiago, María Rozas; o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e Manuel Lago Peñas, deputado do Grupo Parlamentario Plurinacional Sumar e amigo da familia.
Cara ás 13 horas está previsto o peche deste emotivo acto, a cargo do secretario xeral confederal, Unai Sordo, e a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez.
Escrito por Líder Redacción
CCOO homenaxe postuma Santiago de Compostela sindicato Suso Díaz
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)