AD

Actualidad

III Feira da Saúde e Ben-Estar, este sábado en Bertamiráns

today12 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Este sábado, 13 de abril, a Praza da Maía de Bertamiráns acollerá a terceira edición da Feira de Saúde e Ben-Estar, organizada polo Concello de Ames a través da concellería de Promoción da Saúde. A partir das 11:00 horas e ata as 19:00 horas, un total de 9 asociacións (ALCER, ANEDIA, ACEM, Fonte da Virxe, Alcohólicos Anónimos, AL-ANON, CONARTRITES, ASANOG e AEPPNA) participarán neste evento cos seus stands para proporcionar información sobre a súa labor a todas aquelas persoas que se acheguen ata a feira. A temática central desta edición será a menopausia e os seus efectos na vida das mulleres

A inauguración da Feira farase as 11.00 horas. De seguido, ás 11:15 horas, comezarán as charlas e faladoiros que se van impartir na Casa dos Maiores, situada na praza da Maía. A primeira charla será ás 11.15 horas. Tratará sobre a “Sexualidade no eido das patoloxías crónicas” e será impartido por Alfredo Saborido, traballador social e sexólogo de ALCER Coruña.

Ás 12:00 horas terá lugar un faladoiro sobre menopausia, no que participarán Gretel Lichtenstein, médica de familia do centro de saúde do Milladoiro e do PAC de Santiago de Compostela; Ángeles Martínez Ríos, matrona do centro de saúde de Bertamiráns; María Vilariño Ínsua, matrona do centro de saúde de Bertamiráns e Brión; e Olalla Fernandez Seijas, nutricionista co centro de saúde de Bertamiráns e Brión.

O segundo faladoiro será ás 17:00 horas, da man da psicóloga xeral sanitaria, terapeuta familiar e sexóloga, Belén Montesa Lou; e da fisioterapeuta do centro de saúde do Milladoiro, Diana Otero Lorenzo. Tamén participará Margely Morales, facultativa especialista de área en Obstetricia y Ginecología del CHUS. A última charla será “Como alcohólicos anónimos traballa na súa comunidade”, ás 19:00 horas, impartida pola asociación Alcohólicos Anónimos.

Obradoiros na carpa da praza da Maía

Por outra banda, tamén haberá obradoiros para achegar á veciñanza a labor destas asociacións. Deste xeito, haberá tres actividades infantís: ás 11:45 horas, ASANOG organiza “O termómetro das emocións; ás 12:45 horas comezará “O xogo dos manteis”, impulsado por AEPPNA; e, ás 18:30 horas, Estíbaliz Grande impartirá o obradoiro “Canto azucre teñen os alimentos?”. Así mesmo, tamén haberá unha actividade aberta a tódolos públicos: o obradoiro “Ponte no meu lugar”, ás 17:30 horas, organizado pola asociación CONARTRITES.

TaiChi e marcha nórdica

Tamén haberá espazo para o deporte. Ás 11:30 horas, haberá unha sesión de TaiChi no parque do Ameneiral, e ás 18:00 horas, unha ruta de marcha nórdica. O punto de encontro para ambas as dúas actividades será a carpa da praza da Maía. O percorrido da ruta de macha nórdica variará en función do nivel e número de participantes. En ambas actividades non é necesario ter coñecementos previos para participar.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%