Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 mayo, 2025
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, participou esta mañá nun acto institucional presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre a licitación do segundo tramo da execución da autovía AG-59, unha infraestrutura clave para a vertebración territorial de Galicia e a mellora da mobilidade entre Santiago de Compostela, Teo e A Estrada.
Esta licitación supón un paso decisivo cara á culminación dun proxecto estratéxico que non só reducirá os tempos de desprazamento, senón que contribuirá á cohesión territorial e á igualdade de oportunidades en Galicia. Así, o proxecto contempla a ampliación da autovía ata un total de 14 quilómetros, e conta cun orzamento de 69,6 millóns de euros. Actualmente, están en servizo 6,5 quilómetros, mentres que a Xunta xa está a executar outros 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea (Teo), cun investimento de 36 millóns de euros. Este treito atópase en obras, e prevese que estea rematado cara finais de 2025.
O anuncio de hoxe céntrase na licitación do segundo treito, de 4 quilómetros, entre Pontevea e O Rollo, cun orzamento de 33 millóns de euros. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 24 de xuño, e o inicio das obras resultantes está previsto para este outono, cun prazo de execución que se estenderá ata o ano 2028.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)