AD

Actualidad

Infinita Viaxes recibe un recoñecemento polo seu crecemento rápido e sostido

today13 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

Infinita Viaxes vén de sumar un importante recoñecemento ao seu proxecto empresarial ao ser distinguida como Empresa Gacela, un selo outorgado polo Informe Ardán en colaboración co Consorcio da Zona Franca de Vigo. Trátase dunha categoría reservada a compañías que destacan por manter un crecemento constante, rápido e moi superior á media nos ingresos de explotación, así como por demostrar un forte dinamismo e un marcado compromiso coa creación de emprego.

Segundo recolle o propio Informe Ardán, as empresas gacela caracterízanse por seren “pioneiras na adopción de novas tecnoloxías” e pola aplicación de “procesos innovadores no desenvolvemento da súa actividade”, elementos que forman parte do ADN de Infinita Viaxes desde a súa creación.

A directora do proxecto, que recibiu a noticia con especial emoción, lembraba os inicios da empresa “sentados no salón da casa” e destacaba o camiño percorrido ata consolidarse como referencia no sector. Agradeceu tamén o apoio do Consorcio Zona Franca de Vigo por este distintivo, así como o papel fundamental da súa “outra metade”, Roberto, do equipo de profesionais de Infinita Viaxes e de toda a comunidade de viaxeiros infinitos.

“Cando vives no día a día da empresa ás veces perdes de vista todo o que avanzaches. Este recoñecemento danos folgos para seguir”, subliñou.

Infinita Viaxes celebra así un novo impulso para continuar medrando no sector turístico con selo galego.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *