AD

Destacado

Investigan a morte violenta do propietario da Carnicería Chelo & Muñico, na Praza de Abastos

today12 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

 

As forzas de seguridade están inmersas na investigación do presunto homicidio de António Costa, dono da «Carnicería Chelo & Muñico», que perdeu a vida esta madrugada na Praza de Abastos de Santiago de Compostela. Segundo as últimas informacións as autoridades detiveron xa aos tres sospeitosos, dous homes de nacionalidade venezolana e outro italiano.

Descártase o roubo como motivación, pois os agresores non se levaron o diñeiro que Costa levaba consigo. Diversas fontes especulan con dúas posibles causas para o incidente: un altercado accidental que terminou en violencia fatal ou unha disputa previa que se intensificou dentro da Praza de Abastos.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada do concelleiro Xan Duro, expresou as súas condolencias dende o lugar dos feitos, onde sinalou a gravidade do ocorrido. Sanmartín pediu calma e asegurou que a investigación, baixo segredo de sumario, avanzará ata dar respostas. A Policía Nacional continúa coas dilixencias pertinentes, mentres que a autopsia da vítima e a declaración do membro de seguridade da Praza, serán claves para esclarecer as circunstancias do caso.

A Praza de Abastos reabriu, pero a conmoción entre os comerciantes era evidente. Ás 12:00, os praceiros convocaron un minuto de silencio en memoria da vítima, un acto ao que asistiron representantes da corporación local, nunha mostra de solidariedade co sector afectado e coa familia de Antonio Costa.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *