AD

Actualidad

La Grazia, de Paolo Sorrentino, gaña o Premio do Público de Cineuropa

today24 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

A trixésimo novena edición de Cineuropa pechou este novembro cunha resposta histórica: máis de 17.000  asistencias ao longo de 17 días de proxeccións e actividades, o que supón un incremento superior ás 2.500 persoas respecto ao ano pasado —máis dun 17%— e sitúa o festival a tan só un 3 % das cifras de 2019. Ademais, vendéronse 547 bonos, a cifra máis alta do último lustro. A media diaria de espectadores foi de 1.022 asistentes e  cada película congregou de media 123 persoas.

La Grazia (2025), do cineasta italiano Paolo Sorrentino, resultou gañadora do Premio do Público do 39º Cineuropa ao obter a puntuación máis alta entre todas as obras sometidas a votación. A película, protagonizada por Toni Servillo, Anna Ferzetti e Orlando Cinque, afonda no peso íntimo do poder, da responsabilidade e dos dilemas morais a través da figura de Mariano De Santis, presidente da República Italiana que se enfronta ao final do seu mandato entre silencios, rutinas e dúas peticións de indulto que porán en xogo as fronteiras entre a vida privada e a razón de Estado.

Con guión do propio Sorrentino, fotografía de Daria D’Antonio, montaxe de Cristiano Travaglioli e produción de Annamaria Morelli, Priscilla Pecetti, Andrea Scrosati, Paolo Sorrentino e Cristina Tacchino, o filme reafirma o inconfundible selo do autor napolitano: unha combinación de artificio visual, ironía melancólica e reflexión sobre o poder, a fe e a decadencia. O seu protagonista, Toni Servillo, foi recoñecido coa Copa Volpi ao Mellor Actor no Festival de Venecia 2025.

Con este título como obra mellor valorada polo público, o 39º Cineuropa culmina unha edición marcada pola alta participación, pola excelente acollida das súas máis de 140 obras audiovisuais e polo intenso diálogo entre creadores e espectadores nas salas do Teatro Principal, Salón Teatro, Auditorio de Galicia, NUMAX e Zona C.

Apoios e colaboracións

Cineuropa é un festival organizado polo Concello de Santiago de Compostela, co apoio do Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña, e a colaboración de diferentes institucións como o Instituto Camões, a Xunta de Galicia – AGADIC e a Universidade de Santiago de Compostela, alén doutras entidades culturais e empresariais da cidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *