AD

Actualidad

Liskadakí e Las Sinsen actúan esta tarde nas festas do barrio de San Pedro

today28 junio, 2024

Fondo
share close
AD

28/06/2024.- As bandas Liskadakí e Las Sinsen, usuarias dos locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga, participarán esta tarde nas festas de San Pedro, organizadas pola Comisión de Festas do Barrio de San Pedro. Con este concerto, que comenzará ás 20.00 horas, a concellaría de Xuventude colabora cos festexos, ao tempo que continúa poñendo en valor o talento mozo e local de Compostela.

A actuacion de Liskadakí comezará ás 20.00 horas. Trátase dun conxunto clásico de baixo, guitarra e batería ao que engaden as teclas, nunha banda con influencias do rock e do punk. De seguido, a partir das 21.00 horas, actuará Las Sinsen, un grupo que se caracteriza pola súa frescura, a improvisación e o seu show performático. A maiores da colaboración da Concellaría de Xuventude, nas festas de San Pedro participará tamén hoxe Ulex, outra banda vinculada ao Centro Xove da Almáciga, que fixera o seu debut precisamente neste mesmo barrio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%