AD

Actualidad

Los Lobos chegan a Santiago para un concerto histórico na Sala Capitol

today4 febrero, 2026

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela prepárase para recibir a unha das bandas máis lendarias da historia do rock mestizo. Los Lobos xa están en Compostela para ofrecer este mércores 4 de febreiro, ás 20:30 horas, un concerto moi especial na Sala Capitol, unha cita chamada a ser un dos grandes eventos musicais deste comezo de ano.

Nados no leste de Los Ángeles e con 52 anos de traxectoria, Los Lobos chegan cunha carreira monumental ás costas, marcada por un catálogo impresionante e unha influencia que atravesa xeracións e fronteiras. O grupo soubo construír un son propio no cruce de camiños entre xéneros afroamericanos como o blues, o soul, o jazz e o rock and roll, sen esquecer nunca as súas raíces.

A súa música latexa ao ritmo da tradición mexicana e latinoamericana, incorporando estilos como a norteña, a ranchera, o bolero, a cumbia, o son huasteco ou o son jarocho. Esa mestura converte cada concerto nunha experiencia única, onde conviven memoria, identidade e emoción colectiva.

Máis alá dunha banda, Los Lobos son unha verdadeira memoria viva da música latina e estadounidense, un exemplo de resistencia cultural e unha demostración de que a grandeza artística nace do traballo compartido e do respecto polas raíces.

Aínda quedan entradas anticipadas dispoñibles na tenda, por 34 € + 1 € de gastos de xestión.

Un concertazo imprescindible para os amantes da boa música e para quen queira vivir unha noite histórica en Santiago de Compostela.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *