AD

Actualidad

Lucía Calvo asume as rendas do PP en Teo

today19 julio, 2024

Fondo
share close
AD
  • “Gracias a todos vos por confiar en nós, por confiar no equipo, no voso equipo. Un equipo unido e forte para levantar Teo e situalo no lugar que debería estar fai moito tempo”, afirmou a popular
  • “Esta é unha lista feita para traballar, non para figurar. Unha lista que conxuga experiencia e novas incorporacións que, sen dúbida, achegarán frescura e forza”, indicou a nova presidenta local
  • Alfonso Rueda fixo balance do primeiro ano de Lucía Calvo como alcaldesa asegurando que non só foi quen de devolver a confianza que os seus veciños depositaron nela, senón tamén de devolver a estabilidade a Teo grazas ao seu traballo e compromiso coa vila
  • O presidente do PPdeG reivindicou a política útil que desfrutan os veciños de Teo e que practica o Goberno galego con medidas como a gratuidade das matrículas universitarias, o calendario de vacinación máis completo do mundo ou a construción de vivenda pública
  • “A estas alturas xa todos coñecemos a Lucía, a paixón que pon a todo o que fai, a capacidade de traballo que ten, o coñecemento da administración, o dominio da actividade municipal e a facilidade para resolver calquera cuestión”, dixo Diego Calvo

Teo, 18 de xullo do 2024A Comisión Organizadora do Congreso (COC) de Teo proclamou hoxe a Lucía Calvo como nova presidente local do Partido Popular no municipio da comarca de Santiago, despois de que a lista da candidato lograse o apoio do 100%  dos participantes no congreso celebrado no día de hoxe.

Acompañado polo presidente autonómico, Alfonso Rueda, o provincial, Diego Calvo, o portavoz do Partido Popular no Congreso, pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e polo seu homólogo provincial, Evaristo Ben, as primeiras palabras de Lucía Calvo xa como presidenta local foron para agradecer a confianza de todas as persoas que lle deron o seu apoio para tomar as rendas da formación.

“Gracias a todos vos por confiar en nós, por confiar no equipo, no voso equipo. Un equipo unido e forte para levantar Teo e situalo no lugar que debería estar fai moito tempo”, afirmou a popular.

Proclamada alcaldesa por maioría absoluta nas últimas eleccións municipais, Calvo aproveitou a súa intervención para poñer en valor o traballo realizado desde entón e que, na súa opinión, serviu para que os veciños vexa o Partido Popular de Teo como “solucionador de problemas” e para confirmar que o anterior Gobierno Local “non sabía nin por onde lles daba o vento”.

Nesta liña, a nova presidenta local asegurou que a cita de hoxe debe servir como unha maneira de “reivindicar a xestión, o feito de facer política responsable” para o que, asegurou, é necesario “antepoñer os intereses xerais ante os persoais”.

Lucía Calvo aproveitou tamén para insistir na importancia de contar co maior número de persoas que queiran sumarse a “gran familia popular de Teo”.  “Imos traballar sen descanso para os nosos votantes, pero tamén para os que non nos votaron por iso necesítovos a todos”, apuntou a popular, quen se comprometeu a uir do “sectarismo” practicado por outras formacións.

“Esta é unha lista feita para traballar, non para figurar. Unha lista que conxuga experiencia e novas incorporacións que, sen dúbida, achegarán frescura e forza”, indicou Calvo.

Un partido centrado nos problemas da xente

Pola súa banda, o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, tamén quixo felicitar a Lucía Calvo pola súa elección e polo un primeiro ano como alcaldesa no que foi quen non só de devolver a confianza que depositaron nela os seus veciños, senón tamén de devolver a estabilidade a Teo grazas á súa capacidade de traballo e ao seu compromiso coa vila.

Apuntou á rexedora como exemplo da estabilidade e a xestión que caracterizan aos gobernos do Partido Popular fronte a aqueles que só buscan o seu interese partidista, que ceden ás chantaxes para seguir no poder ou que perden o tempo con independentismos e soberanismos.

Reafirmou así a confianza que os galegos e galegas depositan no valor da palabra dada, no servizo público e nunha política útil que axuda á xente e non crea máis problemas. Unha política como a que desfrutan os veciños de Teo e como a que practica o Goberno galego con medidas como a gratuidade das matrículas universitarias, o calendario de vacinación máis completo do mundo ou a construción de vivenda pública.

Por todo iso, agradeceu ao PP de Teo o seu traballo e compromiso diarios e animounos a seguir dando exemplo de equipo unido e loitador e de como se fan as cousas ben.

Unha alcaldesa, todo paixón

Por último, o presidente provincial destacou o labor realizado por Lucía Calvo á fronte do Gobierno Local de Teo durante este tempo. “A estas alturas xa todos coñecemos a Lucía, a paixón que pon a todo o que fai, a capacidade de traballo que ten, o coñecemento da administración, o dominio da actividade municipal e a facilidade para resolver calquera cuestión”, dixo Diego Calvo.

Con esta carta de presentación, o líder popular na provincia non dubidou en catalogar a Lucía de Calvo de “pata negra” no argot político, á vez que agradeceu tamén o traballo e o legado que deixa José Manuel Guerra durante os seus anos á fronte da formación local.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%