AD

Actualidad

Luis Penido, recoñecido na Gala 2025 da Federación Galega de Automobilismo

today19 enero, 2026

Fondo
share close
AD

O pasado sábado 17 de xaneiro tivo lugar en Ourense a Gala 2025 da Federación Galega de Automobilismo, gala na que estivo presente o Luis Penido Rally Team coa presenza do seu piloto, Luis Penido, e mailo Director Deportivo do equipo, Daniel Blanco.

Das mans do pesidente da FGA, Antonio Rodríguez Troitiño, o piloto compostelán recibiu un trofeo en recoñecemento pola fabulosa tempada 2025 do equipo a nivel internacional onde competindo no Campionato de Europa de Montaña (FIA European Hillclimb Championship) logrou o título continental do grupo 5.

Penido comentou que «estamos moi orgullosos deste recoñecemento da FGA polos éxitos do ano pasado, éxito do esforzo de todo un equipo que pelexou arreo por acadar este soño. Ademáis, podemos presumir de ser un «producto» 100% galego, nacido e formado dende as bases das copas de promoción da FGA e patrocinados por empresas e entidades galegas.

Pola sua parte, o Director Deportivo do equipo traslada que «agora xa toca pensar en planificar ben a tempada 2026, planificación na que levamos meses traballando e onde seguimos a buscar novos apoios que nos permitan compretar o proxecto deportivo máis ambicioso posible co obxectivo de, polo menos, poder igualar os éxitos de 2025».

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *