AD

Actualidad

Máis de 150 persoas de ASPAS finalizan o Camiño de Santiago desde Ferrol

today31 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Baixo o lema “Pasiño a Pasiño… ACADANDO METAS”, a Asociación ASPAS —entidade de
familias de persoas con discapacidade intelectual de Santiago— culminou con éxito o seu Camiño de Santiago pola ruta inglesa, desde Ferrol ata Compostela. Esta iniciativa enmárcase como unha actividade de convivencia e inclusión, promovendo a visibilización das capacidades e talentos das persoas con discapacidade intelectual.

Ao longo de sete etapas, repartidas entre as fins de semana de abril e maio, os participantes
percorreron os 113 km do Camiño Inglés, nun ambiente de compañeirismo, respecto e ledicia.
Cada etapa contou cunha media de 65 participantes, entre persoas con e sen discapacidade, alcanzando un récord de 158 persoas na última xornada.

A organización facilitou camisetas conmemorativas, avituallamento (comida e bebida) e furgonetas de apoio para quen o precisase. A loxística incluía saídas desde Santiago en autobuses, percorridos por tramos do Camiño, paradas para xantar e regreso ao punto de partida.

A etapa final, celebrada o 31 de maio, comezou ás 10:00 h desde A Sionlla, con camiñantes que
se foron sumando no traxecto ata chegar á emblemática Praza do Obradoiro, onde foron
recibidos con emoción por familiares e amizades. Para celebrar este fito, organizouse un xantar de confraternización na Carballeira de San Lourenzo, coa participación de máis de 150 persoas.

Esta actividade marca un fito no calendario de ASPAS, pero non será a última: a seguinte cita
será o 20 de setembro, coa representación dun musical inclusive Peter Voamos!! en Narón.
Participarán 50 actores con discapacidade intelectual e máis de 30 músicos e bailarinas novas da contorna de Santiago, consolidando así o compromiso de ASPAS coa inclusión real a través da arte e da cultura.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *