Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 junio, 2024
Segundo o Plan Municipal de Saúde do Concello, encargado polo goberno socialista no 2022, o 20,3% da poboación é fumadora activa e máis do 40% presenta sobrepeso
A edil socialista Marta Álvarez propón canalizar estas actividades a través da Escola Galega de Saúde dependente da Xunta de Galicia: “con formación axudaríamos a previr algunhas de estas situación mellorando os hábitos de vida da cidadanía”
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2024. O 20,3% da poboación de Santiago é fumadora activa, máis do 40% presenta sobrepeso e, arredor do 18%, padece depresión ou ansiedade. Son datos do Plan Municipal de Saúde do Concello de Santiago que fóra encargado polo goberno de Sánchez Bugallo no pasado 2022. Un informe que serviu de base para definir as liñas estratéxicas de traballo para este mandato do Consello Municipal de Saúde e que, agora, desde o Grupo Municipal Socialista, propoñen abordar nun primeiro paso, a través da divulgación.
É por isto polo que levarán ao pleno ordinario do vindeiro xoves unha proposición coa que instarán ao goberno local a xestionar, conxuntamente coa Escola Galega de Saúde, ac vidades formativas e divulgativas de acceso doado para a veciñanza, co fin promover hábitos de vida saudables e informar sobre os riscos e consecuencias de algunhas das cuestións que se presentaron como relevantes en esa primeira reunión do Consello de Saúde.
A concelleira Marta Álvarez insistiu no “preocupante” dos datos, e urxe a actuar a través de este programa de actividades divulgativas, que terían un custe cero para as arcas municipais, toda vez que se xestionarían a través do organismo dependente da Xunta de Galicia: “podemos atallar, a través de coñecementos que, ademais, estarían impartidos por profesionais sanitarios, algunhas de estas cuestións previndo e fomentando hábitos de vida saudables” afirma.
Así, propoñen ademais que se estableza, a través do Consello Municipal de Saúde, un equipo de coordinación entre o Concello e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns para planificar e organizar estas actividades formativas relativas a aquelas áreas prioritarias de intervención, de acordo coa diagnose de saúde.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)