Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 enero, 2026
Onte pechou o prazo de inscrición para participar no XVII Santiago(é)Tapas, que nesta edición contará cun notable incremento de participación respecto ao ano pasado. En total, 47 locais composteláns inscribíronse no concurso que promove e organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña, o que supón 5 establecementos máis que na edición anterior. Cómpre destacar ademais que 12 destes locais non participaron no certame do 2025, o que amosa a capacidade do Santiago(é)Tapas para atraer novos establecementos.
Entre os 47 locais presentarán un total de 72 tapas ás probas de preselección que se celebrarán a semana que vén na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos, unha cifra que medra en 4 propostas con respecto ao ano pasado, consolidando así o interese e a implicación do sector hostaleiro nesta iniciativa. Alí o Xurado Técnico avaliará as receitas e degustará as tapas presentadas para seleccionar as que superan esta fase previa precisa para concursar.
O XVII Santiago(é)Tapas celebrarase do 19 de febreiro ao 8 de marzo. Organizado e promovido por Turismo de Santiago e encadrado dentro da marca “Compostela Gastronómica”, o concurso conta co apoio da Deputación da Coruña e ten como patrocinador principal á empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Tamén colaboran a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Café Dromedario, a Asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA), o CIFP Compostela e Allwork.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)