Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today15 enero, 2026
O músico galego Maneiro inicia unha nova etapa artística coa estrea de A miña mellor versión, o primeiro sinxelo tras a súa saída de Heredeiros da Crus. A canción, que verá a luz o venres 16 de xaneiro, marca o comezo dun proxecto persoal que leva o seu propio nome e que culminará, a finais de ano, coa publicación dun novo disco.
Producido por Fran Gude e arranxado por Rubén Cores —quen tamén participou na gravación de guitarras e coros—, o tema conta coa colaboración especial de Anxo Pintos á zanfona, percusións e frauta. A letra e a música son obra do propio Maneiro, que asina unha composición na que conflúen melodías pop, a forza do rock e a esencia da música de raíz tradicional galega
A miña mellor versión é tamén unha reflexión íntima sobre os procesos de cambio persoal, a dor que adoitan levar consigo e a necesidade de mirar cara ao interior cando se perde o rumbo. A canción fala da loita por “ser” fronte a simplemente “estar”, asumindo que cada persoa é ao mesmo tempo a súa mellor oportunidade e o seu maior obstáculo. “O que queira que me queira como son, deixar de ser quen es non vale a pena”, resume o espírito do tema.
A estrea oficial da canción terá lugar en todas as plataformas dixitais o 16 de xaneiro, a mesma data na que tamén se publicará o videoclip no canal oficial de Maneiro en YouTube. Este sinxelo é o primeiro dunha serie de lanzamentos que irán vendo a luz ao longo do ano e que darán forma ao novo traballo discográfico do artista galego
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)