AD

Actualidad

Manolo de Marcos, historia viva das bandas de música: «Antes íamos andando ás actuacións cos instrumentos enriba»

today26 junio, 2024

Fondo
share close
AD

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, presidiu hai poucos días a inauguración da Casa da Música Manuel Barreiro Mosquera, un novo espazo destinado á Banda de Música de Arca para local de ensaio e formación. O edificio honra a figura de Manuel Barreiro Mosquera, coñecido cariñosamente como «O Padriño», músico de 90 anos que leva tocando clarinete e requinto na Banda de Arca desde hai 60 anos.

A cerimonia contou coa presenza do alcalde, do homenaxeado, da presidenta da Asociación Cultural Banda de Música de Arca, Antía Cores, do director da banda, Andrés Pérez, así como de numerosos veciños e membros da comunidade local. Durante o evento, o alcalde Taboada destacou a importancia destas novas instalacións para fomentar o amor pola música entre a mocidade do Pino e a comarca.

O Pino rendeu así tributo a Manolo de Marcos, unha figura clave na Banda de Arca desde 1970. Nado en setembro de 1933 no Concello de Oroso, «O Padriño» comezou a súa carreira musical na Banda da Grabanxa, onde, tal e como recorda Manolo, os músicos acudían ás actuacións andando e co instrumento ao lombo, percorrendo o traxecto de ida e volta e actuando de pé xa que non había cadeiras. Aínda así, recoñece que «pagaba a pena». A súa paixón pola música foi inspirada polo seu pai, quen lle ensinou a profesión de músico, aínda que tamén se formou académicamente. Máis tarde, Manolo pasou polas Bandas de Senra e Arzúa antes de unirse á de Arca. Alén da súa habilidade como músico, Barreiro destacou pola súa dedicación á incorporación de novos membros á banda, incluíndo fillos e veciños, e mesmo chegou a dirixir en ocasións baixo a batuta de varios directores.

En recoñecemento ao seu legado, o alcalde Taboada anunciou que o novo centro cultural levará o nome de Casa da Música Manuel Barreiro Mosquera, perpetuando así a súa influencia na historia cultural do Pino e reafirmando o compromiso municipal coa música e a formación de novos talentos.

Este martes tivemos a oportunidade de falar con Manolo de Marcos nunha entrevista onde amén participou a súa filla María, quen foi a primeira muller en formar parte desta Banda. Ambos recordaron pasaxes de como foron evolucionando as bandas de música de Galicia, que a día de hoxe gozan de moi boa saúde, a pesares de contar con 170 anos de historia, como é o caso da Banda de Arca. Manolo reflexionou nos micrófonos de Radio Líder Santiago sobre a importancia da música na súa vida, narrando anecdotas e pasaxes que leva impregnados na súa memoria e que contribuiron ao desenvolvemento cultural da música de banda en Galicia.

Manolo tivo nove fillos, 18 netos e nove bisnetos e traslaouse do seu concello natal a Gonzar, en O Pino tras casarse. A súa dedicación á Banda de Música de Arca estivo compartida co seu traballo como agricultor e como tratante de gando nas feiras.

Tes a entrevista completa no seguinte enlace.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%