AD

Actualidad

Manuel Jesús Formoso, novo deán da Catedral de Santiago

today10 julio, 2025

Fondo
share close
AD

O Cabildo da Catedral de Santiago escolleu este martes, 8 de xullo, a Manuel Jesús Formoso Fernández como novo deán-presidente, en substitución de José Fernández Lago.

A elección tivo lugar durante unha sesión ordinaria do Cabildo, conforme ao artigo 58.1 dos Estatutos da institución. Tralo escrutinio e superando os dous terzos dos votos na terceira votación, Formoso Fernández foi designado para o cargo, que deberá exercer durante un período de catro anos, prorrogable por outros catro.

A elección foi comunicada ao arcebispo de Santiago, que confirmou oficialmente o nomeamento o 9 de xullo, en virtude do artigo 7.2 dos Estatutos do Cabildo e do canon 509.1 do Código de Dereito Canónico.

Entre as funcións do novo deán están a representación institucional do Cabildo, a presidencia das celebracións litúrxicas da Catedral e a convocatoria e dirección das súas sesións, así como a vixilancia do cumprimento dos estatutos.

Nos vindeiros días anunciarase a data da toma de posesión.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *