Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 mayo, 2025
Marga Tojo é a gañadora da oitva edición dos Premios SELIC de creación literaria pola súa obra ‘Sarela’, novela negra ambientada en Compostela na que se presentan cuestións e inquedanzas da sociedade presente ao tempo que relata feitos da historia local recente.
O xurado considera que a obra ‘Sarela’ é merecedora da edición deste ano “por tratarse dunha obra ben estruturada, áxil, interesante e que, ademais, achega unha perspectiva da nosa cidade moi actual”. Nesta novela, indicou o xurado, “preséntanse cuestións e inquedanzas da sociedade presente, como a perspectiva de xénero, a de clase, a diversidade afectivo – sexual ou os confltos laborais, ao tempo que relata feitos da historia local recente”.
Así mesmo, o xurado sinalou o acerto de situar unha novela negra en Compostela, “feito que contribuirá, sen dúbida, a anovar as temáticas relacionadas coa cidade, alén dos tópicos históricos ou turísticos”.
A gañadora do Premio SELIC recibirá unha recompensa económica de 6000 euros e a súa obra será publicada na colección SELIC que edita o Concello de Santiago.
O xurado que seleccionou a obras gañadora desta edición dos Premios SELIC estivo integrado por Arancha Rodríguez Fernández, Daniel Asorey Vidal, Llerena Perozo Porteiro, Manuel Portas Fernández e Óscar Senra Gómez asistidos polo técnico municipal de programación e xestión cultural, Xesús Amado Reino, en calidade de secretario, con voz e sen voto.
Marga Tojo
Marga Tojo González, nada en Santiago de Compostela, é unha xornalista e poeta galega. É colaboradora de diversos medios dixitais e traballou para medios como Galicia Hoxe, Público, Altermundo, Revista Luzes ou Praza. Desenvolveu proxectos sociais e culturais. É autora dos poemarios ‘Cara de velocidade’ (Kalandraka), premio internacional de poesía para nenos e nenas Cidade de Orihuela, ‘Arder’ (Positivas), ‘Últimos bruídos’ ou do ensaio ‘Maternidade fóra de catálogo’ (Xerais).
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)