AD

Actualidad

María Rozas reivindica os oficios tradicionais na Maker Faire Galicia

today8 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD

A Xornada de Oficios é unha das tres sesións nas que nas súa décima edición se dividiu a Maker Faire Galicia, nun formato innovador que pretende que a feira teña presenza ao longo de todo o ano. En xuño celebrárase en Área Central unha xornada centrada na Innovación Social, hoxe pónse o foco nos Oficios, e ainda se celebrará unha terceira xornada dedicada á industria. Na inauguración, a tenenta de alcaldesa explicou que as tres temáticas elixidas para a Maker Faire “encaixan coas liñas de traballo que mantemos desde a Concellaría de Promoción Económica”. María Rozas incidiu en que “a Maker é unha moi boa oportunidade para achegar os oficios tradicionais e a artesanía a novos públicos, e tamén polo tanto para procurar o relevo xeracional”.

Charlas destacadas

Na inauguración da Maker Faire participaron tamén o director Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Gabriel Alén; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; e o cofundador da Maker Faire Galicia, Enrique Saavedra. Despois da apertura institucional, a primeira charla da xornada correu a cargo de Elena Ferro, artesá de terceira xeración. Tamén participaron Álvaro Indias Salguero, de Arteotro Workshop; ou Francisco Millán, de Frouma; e a artista multidisciplinaria Attua Aparicio, cofundadora do Silo Studio e con sede en Londres. A xornada completouse cunha mesa redonda sobre Comunidades de Makers, con Álvaro Indias, Beatriz Barril, Leticia Castro e Carme Casado; e outra sobre novos materiais, con Attua Aparicio, Francisco Guitián e Elena Fabeiro, que explorarán a importancia da innovación nos oficios tradicionais.

A xornada inclúe tamén obradoiros dirixidos principalmente a centros educativos, e pola tarde celebrarase unha sesión de Think Tank onde expertos, relatores e makers discutirán a porta pechada o futuro dos oficios tradicionais, as oportunidades e os desafíos que deben superar para manterse relevantes no século XXI.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%