María Rozas: “A Maker Faire Galicia móstranos o moito que valemos como país e o pouco que aínda o sabemos”
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude salientou que o programa “está cheo de persoas talentosas e proxectos inspiradores que son 100% galegos, e que nos mostran o moito que valemos como país e o pouco que aínda o sabemos”. María Rozas salientou que “cada xornada da Maker Faire Galicia descúbrenos persoas ás que admirar e proxectos valentes e innovadores, que falan do enorme talento que temos en Galicia e de como se canaliza en iniciativas […]