Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 noviembre, 2025
O próximo sábado 22 de novembro, a escritora Marisa Castro estará na librería Follas Novas de Santiago para presentar a súa novela Soño de liberdade. Durante o acto, a autora estará acompañada polo naturalista e ornitólogo Xosé Manuel Penas Patiño.
Trátase da segunda obra de ficción da investigadora e divulgadora, tras o éxito de A saga das curandeiras, publicada en 2022 e que xa conta con varias reimpresións.
Publicada en galego e castelán, tamén da man da editorial coruñesa Hércules de Ediciones, a obra relátanos a vida dunha hipotética muller, nada no rural galego, Sabela Couto Roriz (1949). A novela é un percorrido pola súa vida, desde o seu nacemento na época das cartillas de racionamento ata a chegada da democracia, xa na súa mocidade. Narra a batalla que a protagonista tivo que manter para saír do círculo de submisión no que vivían a súa nai e mais a súa avoga, batalla que gañou mediante o estudo e a rebeldía e que a levaron a poder traballar fóra do fogar, a casar coa persoa que amaba e a ser independente. Este itinerario de vida serve para ofrecer unha panorámica sobre os labores agrícolas e gandeiros nos que Sabela se viu obrigada a participar sendo nena e adolescente, sobre a autoridade paterna, a precariedade da vida dunha nena do rural na cidade, as diferenzas de clases sociais, o papel da muller ou as dificultades para vivir un primeiro amor, sempre baixo o xugo da mirada paterna e do que dirán.
Escrito por Líder Redacción
follas novas Literatura novela Santiago de Compostela soño de liberdade


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)