AD

Actualidad

Marta Abal denuncia falta de transparencia e incumprimento na xestión dos centros socioculturais

today6 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

A concelleira socialista Marta Abal cualifica de “inxustificable e incomprensible” a decisión do Goberno local de manter a xestión actual malia as graves deficiencias detectadas.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025. A concelleira do Grupo Municipal Socialista, Marta Abal, criticou hoxe a decisión da Xunta de Goberno local de prorrogar o contrato de xestión da rede de centros socioculturais, incluído o lote de animación sociocultural, acordada o pasado venres 31 de outubro.

Abal lembrou que “trátase dun servizo que, como é ben sabido, non se está a cumprir de acordo co establecido nos pregos do contrato, polo que esta prórroga resulta inxustificable e incomprensible”.

A edil explicou que a situación é “especialmente grave nas parroquias do rural de Compostela”, onde máis de trinta actividades programadas e xa pagadas polas persoas usuarias foron canceladas por falta de persoal. Segundo indicou, hai parroquias como Aríns e Cesar que carecen completamente de actividade e, en Villestro, “o Concello nin sequera ofreceu unha alternativa mentres o centro está en obras”.

Abal cualificou esta situación de “inadmisible porque as veciñas e veciños aboaron as súas cotas e non están a recibir o servizo, sen que ninguén lles dea explicacións nin garantías de devolución”.

A concelleira lembrou ademais que “ao mesmo tempo, o persoal segue con nóminas pendentes nun contexto de precariedade que o Goberno local coñece desde hai meses”, e advertiu de que, malia todo isto, o Executivo municipal decidiu manter o contrato.

O grupo socialista alerta de que o novo proceso de licitación acumula un atraso que impedirá a súa entrada en vigor “como mínimo ata febreiro de 2026”, o que prolongará a actual situación de deterioro dos centros socioculturais.

Abal insistiu en que “desde o Grupo Municipal Socialista esiximos medidas urxentes para garantir a continuidade das actividades e poñer fin ao deterioro progresivo dos centros socioculturais, especialmente no rural”. Tamén reclamou “unha resposta clara, inmediata e responsable ás persoas usuarias, que merecen respecto e transparencia por parte do seu Concello”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *