Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today18 junio, 2024
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) leva esta semana ao concello coruñés de Melide a campaña especial de doazón “Somos Olímpicos,” que tentasensibilizar á cidadanía galega da importancia do solidario xesto da doazón de sangue nos meses de verán.
Deste xeito, unha unidade móbil de ADOS estará estacionada no parque Rosalía de Castro en Melide, das 10:15 ás 14:00 e das 16:15 ás 21:00 horas para atender a todas as persoas que desexen participar. Ademais, ao carón da unidade móbil disporase unha montaxe alusiva aos Xogos Olímpicos e todos os doantes recibirán, como agasallo, unha camiseta co eslogan da campaña.
Esta iniciativa desenvolverase en 23 concellos galegos e forma parte da campaña especial de doazón de sangue nos meses de verán, un período especialmente sensible, xa que os meses estivais presentan dificultades engadidas para manter estable o volume de doazóns de sangue necesarias para o mantemento do intenso labor asistencial dos hospitais galegos. ADOS lembra que, todos os días, son precisas entre 400 e 500 doazóns de sangue e, nos meses de verán, debido á deslocalización dos doantes habituais por mor das vacacións, é preciso reforzar o permanente chamamento á solidariedade que a Axencia traslada á cidadana.
Concello solidario
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue salienta que, no pasado ano 2023, Melide foi o concello con maior taxa de doazón de Galicia, xa que acadou o índice de 86 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, polo que quere trasladar a todos os veciños e veciñas deste concello coruñés o seu recoñecemento polo seu altruísmo e solidariedade.
Así mesmo, a Axencia quere amosar o seu agradecemento á corporacion municipal polo seu decidido e constante apoio ás iniciativas destinadas a promover a doazón de sangue, tanto nesta campaña especial “Somos Olímpicos”, como no resto de visitas das unidades móbiles de ADOS desenvolvidas en Melide durante todo o ano, entre as que cabe salientar, a colaboración anual coa
Festa do Melindre e da Repostaria
Tradicional da Terra de Melide e que xa é unha iniciativa consolidada desde hai anos. Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)