AD

Actualidad

Miguel Mandayo, convidado do programa “Fala que Fala” este xoves no Liceo La Paz

today19 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

O popular influencer galego Miguel Mandayo, coñecido pola súa enerxía e carisma en redes sociais, estará este xoves no programa Fala que Fala”, que se emitirá en directo desde o CPR Plurilingüe Liceo La Paz, na Coruña.

O programa educativo e multimedia “Fala que Fala”, impulsado por Radio Líder en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, busca fomentar o uso do galego entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. Como parte da experiencia, os e as participantes escollen a unha persoa relevante do seu concello para entrevistala, e nesta ocasión, a elección recaeu en Mandayo.

Referente dixital

O creador de contido Miguel Mandayo suma máis de 800.000 seguidores en TikTok, 212.000 en Instagram e preto de 32.000 subscritores en YouTube. Ademais de ser un referente dixital, é futbolista no Victoria C.F., colaborador en programas da TVG e estudante, demostrando que non hai reto que se lle resista.

A emisión de “Fala que Fala” realizarase entre as 11:00 e as 13:00 horas, ofrecendo un espazo de entretemento e aprendizaxe en galego. Este programa seguirá visitando outros centros educativos ata o mes de xuño, fomentando o uso da lingua galega e dando voz aos estudantes.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *