AD

Actualidad

Milleiros de persoas gozaron dos espectáculos de lume na Feira Medieval de Padrón

today7 julio, 2024

Fondo
share close
AD
  • Os espectáculos de lume do sábado e domingo fixeron gozar a milleiros de persoas
  • A feira tivo récord de asistencia este ano con máis de 120 postos de artesanía e outros 30 en lista de agarda

Padrón. 07-07-2024.- O espectáculo de lume Andanadas puxo este domingo o broche de ouro a unha Feira Medieval de Padrón que encheu as rúas do casco histórico de actividades e milleiros de persoas que gozaron cunha ampla oferta de actividades. O comercio local tamén se implicou nesta edición. A media tarde, a tenente de alcalde Chus Campos e o concelleiro Luis Mariño daban a coñecer o nome dos tres establecementos mellor engalanados durante a XVII Feira Medieval. O primeiro premio foi para Arañeira Informática, o segundo posto levouno Restaurante O Secreto e Deportes Estornela recibe o terceiro galardón.

Chus Campos, Luis Mariño e Begoña Isorna, responsable de Iacobus Xestora de Eventos (empresa que coordinou a Feira Medieval) entregábanlle o seu premio á propietaria do Restaurante O Secreto. Ao estar pechadas este domingo, os representantes de Arañeira Informática e Deportes Estornela recibirán o seu galardón mañá, luns.

Despois dun intenso día de actividades, que comezou cun concorrido photocall na praza Rodríguez Cobián, o espectáculo Andanadas  poñía o colofón a unha intensa fin de semana. Precisamente o lume foi un dos protagonistas desta décimo sétima edición da Feira Medieval de Padrón. O sábado pola noite, a compañía Troula fixo gozar a padroneses e visitantes no seu percorrido polas rúas do casco histórico cos diaños e o lume como protagonistas. Tamén na praza de Macías houbo una exhibición de acrobacias moi aplaudido polas persoas asistentes.

A sorpresa saltaba  pouco antes da medianoite do sábado, cando se proxectaba un vídeo sobre a fachada do convento do Carme no que lume, cabaleiros e dragóns foron os protagonistas, e que se puido contemplar de xeito ininterrompido ata a unha da madrugada.

Postos de artesanía e alimentación, música e vivo e numerosas actividades foron as protagonistas do fin de semana en Padrón, nunha Feira Medieval con récord de asistentes (máis de 120 postos e 30 en lista de agarda) que serve para dinamizar o turismo e o comercio local, coa visita de milleiros de persoas durante os tres días. Unha vez pechadas as portas, a organización comeza xa a traballar na edición do vindeiro ano.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%