Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today28 noviembre, 2023
28/11/2023.- A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Vallecas e polas dúas mulleres (nai e filla) asasinadas en Madrid, últimas vítimas de violencia machista.
Membros da Corporación, persoal do Concello e representantes doutras institucións participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo das mulleres asasinadas. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.
A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)